FEIRA DE ANTIGÜIDADES DE SAN LAZARO

Cartel de Anticuarios de SarriaO municipio de Sarria conta cunha Feira de Antigüidades, Restauración e Coleccionismo. Ademais, o sector das antigüidades presentase como un sector de notable importancia na economía da comarca.

Por este motivo, e tendo en conta que no Norte de Portugal existe unha ampla tradición neste ámbito, considerase que pode tratarse como un recurso económico da Eurorrexión que debe ser incentivado, xerando un intercambio de experiencias e sinerxías transfronterizas.

Para o desenvolvemento de esta acción, crease en Sarria o Centro de Referencia de Antigüidades e Restauración (CRAR), que se centrará no desenvolvemento de actuacións de promoción e revalorización de este sector en toda-la Eurorrexión.

Su obxetivo é constituírse como un elemento clave de atracción de masa crítica de público e de profesionais interesados na compra-venta de antigüidades, con vocación de converterse nunha experiencia transferible a outras rexións.

 

HISTORIA

O Barrio de San Lázaro naceu a partir de 1860 en fronte da capela que recorda ao antigo Hospital de Leprosos de San Lázaro, entre os séculos XIV e XVII. No seu Souto había unha feira aneira  á que concorrían ferreiros, artesáns, compradores de sementes, bufariñeiros... Esa feira estivo viva, en cada domingo de Lázaro, ata os anos 1960.

Cando esta feira esmoreceu varios industriais da vila iniciaran xa a actividade de compra e venda de antigüidades, e pouco a pouco, nun labor de pescuda de lustros foron reunindo pezas de alto valor artístico ou etnográfico, ao tempo que ían especializándose en materias concretas e botaban adiante traballos de restauro de aqueles mobles e elementos que precisaban de maior coidado.

Viñeron despois experiencias como as exposicións de antigüidades que se organizaban nas festas do San Xoán ou o pequeno mercado “O Quilate”, que durante algún tempo congregou os domingos a anticuarios e coleccionistas na Casa da Cultura.

Os profesionais das antigüidades non desaproveitaban as ocasións de participar en mostras e exposicións en Barcelona, Madrid e outras cidades, de maneira que a sona desta especialización fixo que xurdisen mercados mesmo fora das nosas fronteiras. Así foi como se foron asentando os profesionais das antigüidades, especialmente na Rúa do Porvir.

Unidos derredor dunha idea común os anticuarios da vila pasaron a recuperar a antiga Feira do Lázaro, tamén con carácter aneiro, e botaron os seus tesouros á rúa, ao tempo que abriron as súas tendas e almacéns á curiosidade dos visitantes.

ACTUALIDADE

É esta unha Feira de especial colorido, e amplamente didáctica, xa que serve para admirar e adquirir pezas significativas, ao tempo que pon diante dos ollos dos feirantes pezas que falan doutros xeitos de vida e outras maneiras de entendela, servindo de lembranza para os máis vellos e de ensino para os máis novos. A participación de coleccionistas, artesáns e artistas que ofrecen mostras paralelas permite aos visitantes tomar coñecemento da variada oferta da vila e a comarca, servindo de estímulo para que, máis de vagar, volten a Sarria para perderse polas tendas de antigüidades e os obradoiros dos artesáns, ao tempo que poden disfrutar da variada oferta hostaleira, gastronómica, histórica, monumental e comercial da zona.

Sarria conta na actualidade con oito anticuarios: 

Casa Peltre, Juan Echevarría, Lola Ribera, Manuel Calzada, Carmen Rodríguez, Rusttico, Merkantiguo y Clásicos & Antiguos.

 

Hoxe, grazas á inestimable labor destes anticuarios, e tamén o bo facer dos diferentes gobernos locais do municipio, Sarria pode presumir de contar cunha das mellores feiras de antigüidades e restauración de Galicia, e onde se reúne cada ano o máis selecto dun sector de notable importancia na economía do municipio.

ACTUALIDADES

CALENDARIO

Noviembre 2018
L M X J V S D
29 30 31 1 2 3 4
5 6 7 8 9 10 11
12 13 14 15 16 17 18
19 20 21 22 23 24 25
26 27 28 29 30 1 2

guia 230x200

Logotipo del POCTEP Logotipo de los fondos FEDER de la Unión Europea  Logotipo del Concello O Barco de Valdeorras Logotipo del Concello de Sarriá  barcelosx800  Logotipo Eixo Atlántico  Logotipo de la Diputación de Ourense