Artigos

05Aprendendo a elaborar ‘botelo’ de excelencia  e outros embutidos derivados do porco

23/01/2012, O Barco.-


Na última semana, levouse a cabo o segundo taller de formación organizado desde o CPT, no marco do proxecto Eixo Interior,  e que baixo o título “Elaboración de embutidos de excelencia”, puxo de manifesto a riqueza gastronómica da zona en cuanto a embutidos derivados do porco.  O taller que impartiu Manuel Álvarez, reputado carniceiro xubilado da zona, pretende promover a profesionalización da produción de embutidos tradicionais. Durante catro días, do 17 ao 20 de xaneiro, 15 barquenses aprenderon cómo elaborar embutidos derivados do porco como chourizos, salchichóns, androllas e, por suposto, o ‘botelo’, embutido típico da zona. E todo ilo de forma artesanal e contemplando desde o despece da carne hasta o seu posterior embutido a man. Os participantes tamén experimentaron a utilización de carne de porco de raza celta. O último día do taller, os alumnos asistiron a unha charla-coloquio con empresario do sector da zona e na que puideron coñecer de primeira man a experiencia destes empresarios que elaboran embutidos de forma artesanal.

Asistentes al segundo taller del Centro de Promoción de Productos TradicionalesO perfil maioritario dos participantes no taller correspondeu a xente emprendedora con pouca experiencia na elaboración profesional de embutidos pero que coñecen o produto e buscan dedicarse á produción e venda profesional do mesmo. Non en vano, a riqueza gastronómica da zona en embutidos derivados do porco, sitúa a este sector como vía alternativa de desenvolvemento socioeconómico do territorio.

Unha vez curados, os embutidos e os diplomas correspondentes serán repartidos entre os alumnos o próximo 24 de febreiro, coincidindo co ‘I Encontro de produtores tradicionais de excelencia da Eurorregión, Galicia e Norte de Portugal’, que está organizando o CPT. O obxectivo deste encontro é o de dar a coñecer entre os produtores as liñas do Proxecto Eixo Interior, a marca promocional creada en colaboración con Galicia Calidade así como as liñas de promoción e distribución dos produtos que se van a seguir no marco do proxecto.

Trabajando en el taller de embutidos.Elaborando un botelo en el taller de embutidos

Trabajando en el taller de embutidos de excelencia

ACTUALIDADES

CALENDARIO

Febreiro 2019
L M X J V S D
28 29 30 31 1 2 3
4 5 6 7 8 9 10
11 12 13 14 15 16 17
18 19 20 21 22 23 24
25 26 27 28 1 2 3

guia 230x200

Logotipo del POCTEP Logotipo de los fondos FEDER de la Unión Europea  Logotipo del Concello O Barco de Valdeorras Logotipo del Concello de Sarriá  barcelosx800  Logotipo Eixo Atlántico  Logotipo de la Diputación de Ourense