I Salón gastronómico de produtos de Excelencia da Eurorregión

A partir de Sábado, 14. Xullo 2012 -  11:00
Para Domingo, 15. Xullo 2012 - 22:00

cartel salón gastronómicoOs próximos 14 e 15 de xullo terá lugar o ‘I Salón gastronómico dos produtos de excelencia da Eurorregión’, organizado polo Centro de promoción de Produtos Tradicionais-Concello de O Barco, no marco do Proxecto Eixo Interior, e cuxa ubicación será o Paseo do Malecón (zona Oficina de Correos-Casino).

No Salón participarán un total de 22 produtores de Galicia e Norte de Portugal, adheridos á marca ‘Excelencia. Produtos tradicionais de Galicia e Norte de Portugal’, na cal están representados unha ampla variedade de produtos: desde embutidos e viños, mel e doces tradicionais, pans e empanadas, son exemplo dos produtos da zona que participan, así como as conservas vexetais da comarca de Vigo, aceites, marmeladas e queixos do entorno de Monforte, conservas ecolóxicas de Verín, pasteis e postres de Chaves, e viños, aceites, embutidos e queixos de Macedo de Cavaleiros.

O Salón é o escenario seleccionado para a posta de largo da marca que ampara ditos produtos así como supón o punto de partida da actividade promocional e de venta de estes produtos, tarefa que ven levando a cabo desde a súa creación O Centro de Promoción de Produtos Tradicionais, no marco do proxecto Eixo Interior.

Ademais de poder degustar e adquirir calquera destes produtos gastronómicos de excelencia no Salón, levarase a cabo unha actividade complementaria, o ‘Concurso de bocadillos de Excelencia’.

Xunto cos produtos gastronómicos de Excelencia da Eurorregión, haberá unha representación de antigüidades e restauración de Sarria e de artesanía de Barcelos, ambos municipios socios do proxecto Eixo Interior e xestores do Centro de referencia de Antigüidades e restauración (CRAR) e Centro de Promoción del Mercado Tradicional (CMT), respectivamente.

Folleto de Produtores (ext)

Folleto de Produtores (int)

Localización : Paseo del Malecón
O Barco de Valdeorras

Retorno

ACTUALIDADES

CALENDARIO

Xullo 2012
L M X J V S D
25 26 27 28 29 30 1
2 3 4 5 6 7 8
9 10 11 12 13 14 15
16 17 18 19 20 21 22
23 24 25 26 27 28 29
30 31 1 2 3 4 5

guia 230x200

Logotipo del POCTEP Logotipo de los fondos FEDER de la Unión Europea  Logotipo del Concello O Barco de Valdeorras Logotipo del Concello de Sarriá  barcelosx800  Logotipo Eixo Atlántico  Logotipo de la Diputación de Ourense