Firma del convenio con Galicia CalidadeGalicia Calidade colabora con Eixo Interior para a creación dun selo certificará os produtos tradicionais de excelencia da Eurorregión

31/01/2012, Vigo.-


A firma do convenio de colaboración entre os cinco socios do Proxecto Eixo Interior e o xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila, centrou a reunión celebrada onte na sede que o Eixo Atlántico ten en Vigo, cabeza de fila do Proxecto.

Reunión Eixo Interior y Galicia CalidadeMediante esta colaboración, Galicia Calidade participará directamente co CPT na selección e aprobación dos produtos que conten co distintivo, aportando a súa experiencia dos seus vente anos de existencia e dos 135 produtos amparados polo seu selo. O distintivo creado poderá ser utilizado nos embalaxes e promocións publicitarias polos produtos que obteñan o certificado, en virtude do reglamento de licenza de uso da marca no que se está traballando e que ten prevista a súa aprobación no primeiro trimestre deste ano.

O distintivo servirá para aportar un valor engadido aos produtos amparados, facendo chegar ao consumidor a confianza de estar consumindo un produto avalado por unha entidade pública como tradicional. O feito de certificar estes produtos artesanais reforza o concepto de Excelencia dotando aos produtos de argumentos reais e obxectivos para que o consumidor os elixa e distinga pola súa calidade.

ACTUALIDADES

CALENDARIO

Xuño 2019
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

guia 230x200

Logotipo del POCTEP Logotipo de los fondos FEDER de la Unión Europea  Logotipo del Concello O Barco de Valdeorras Logotipo del Concello de Sarriá  barcelosx800  Logotipo Eixo Atlántico  Logotipo de la Diputación de Ourense