imprimir

Escribido por Concello. Posta en Noticias

img 4496Vinte valdeorreses aprenden a elaborar licores tradicionais no sexto obradoiro de formación organizado polo CPT

10/12/2012, O Barco.-


Case a totalidade dos participantes no obradoiro son persoas con inquedanzas emprendedores e que buscan na elaboración de licores de forma artesanal unha oportunidade de desenvolvemento profesional

Desde hoxe celebrase no Mosteiro de Xagoaza un taller de elaboración de licores tradicionais de excelencia, organizado polo Centro de Promoción de Produtos Tradicionais do Concello do Barco, no marco do proxecto Eixo Interior.

O taller, ao igual que os anteriormente organizados –de embutidos tradicionais e elaboración de doces- ten como obxectivos os de promover a profesionalización no sector da produción de licores tradicionais e presentar unha vía alternativa de desenvolvemento socioeconómico do territorio, baseado no devandito recurso endóxeno, así como desenvolver a posibilidade de animar á creación de pequenas empresas neste sector.

No taller participan 20 persoas, seleccionadas por orde de inscrición, tendo preferencia as persoas con inquedanzas emprendedoras ou profesionais do sector. As prazas foron cubertas nos primeiros días de apertura do prazo de inscrición, chegando a acadar un total de 56 inscricións recibidas, razón pola que se estuda a celebración dunha segunda edición no próximo ano, para atender a demanda existente. A actividade estaba dirixida a persoas con inquietudes emprendedoras, desempregadas, traballadoras en activo, empresarias, e calquera persoa interesada na elaboración de licores tradicionais de forma artesanal.

O contido do Taller, totalmente práctico, segmentase basicamente nas seguintes partes en dúas partes. Nesta ocasión, os catos primeiros días (do 10 ó 13 de decembro) estarán adicados a produción de licores. A impartición corre a cargo de Manuel Sánchez, técnico da Adega Alán de Val (DO Valdeorras) o cal se encargará de trasmitirlles ós alumnos os contidos teóricos e prácticos na elaboración artesanal de licores. En total, elaboráránse 9 licores distintos: de herbas, de café por maceración e de café por infusión, de laranxa, de figo, de mel, de castaña, de érvedos, e crema de augardente. Os produtos elaborados serán repartidos entre os asistentes ó obradoiro, unha vez finalizado o proceso de maceración.

A última xornada estará adicada a visita guíada a destilería e licorería de Godeval Bodegas, na que os participantes poderan observar in situ o proceso de elaboración a nivel empresarial de augardente e licores, a organización do espazo de elaboración e demáis particularidades da actividade empresarial. A continuación, levarase a cabo unha charla coloquio con D. Javier Pateiro, xerente da empresa Auga Vella, produtores de licores artesanais, que mostrará a súa experiencia empresarial.


img 4531dsc 0094dsc 0120dsc 0131

Novamente dende o CPT, ponse en evidencia a riqueza en produtos gastronómicos tradicionais que existe na zona e continúase a traballar na promoción e a potenciar a creación dun polo de desenvolvemento económico entorno a produción deste tipo de produtos.

ACTUALIDADES

CALENDARIO

Xuño 2019
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

guia 230x200

Logotipo del POCTEP Logotipo de los fondos FEDER de la Unión Europea  Logotipo del Concello O Barco de Valdeorras Logotipo del Concello de Sarriá  barcelosx800  Logotipo Eixo Atlántico  Logotipo de la Diputación de Ourense