Xantar02O Eixo Interior promocionó en Xantar 2012 os recursos endóxenos  tradicionais  da provincia e da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal 

06/02/2012, Ourense.-


A Conselleira do Medio Rural e do Mar foi a encargada de inaugurar a décimo terceira edición deste Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que se celebra en Ourense. A foto mostra un momento da visita da Conselleira de Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, a Secretaria Xeral de Turismo, Carmen Pardo, o Delegado da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, e o presidente da Deputación de Ourense, Rosendo Fernández ó stand do proxecto EIXO INTERIOR

A Deputación de Ourense, presentou conxuntamente co Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular (xefe de fila do proxecto), o Concello do Barco de Valdeorras, o Concello de Sarria e a Câmara Municipal de Barcelos, o proxecto EIXO INTERIOR á segunda convocatoria do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España Portugal (POCTEP) 2007-2013, resultando aprobado segundo a notificación recibida. O proxecto conta cun orzamento total de 1.383.503,69€, cofinanciado ó 75% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

O proxecto pon en marcha unha estratexia de desenrolo común baseada nas áreas de productos tradicionais, mercados e artesanía, e antiguidades e restauración, coa creación de estructuras permanentes de cooperación, incentivando a presencia de empresas implicadas en promocionar de xeito conxunto os seus productos. No caso concreto do Barco, puxose en marcha un Centro de Promoción de Productos Tradicionais da Eurorrexión , que terá como misión fundamental a promoción e difusión de todo tipo de productos tradicionais, cunha importante labor de márketing dos productos de excelencia.

Neste sentido, tódolos socios traballan sobre o impulso á actividade empresarial, definindo conxuntamente distintas canles de comercialización nas áreas de:

  • Produtos tradicionais
  • Artesanía
  • Antigüidades
  • Definición de líñas de distribución de produtos de excelencia

Obxectivo:

Acadar unha maior cohesión territorial na Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, facilitando e impulsando o desenvolvemento do sistema urbano do interior de Galicia e do norte de Portugal a través da creación de polos de competitividade baseados nos recursos endóxenos desta area.

Accións:

Deseñarase e porase en marcha unha estratexia de desenvolvemento do interior da Eurorrexión, baseada nas areas de productos tradicionais, mercados e artesanía e antigüidades. Para a xestión de cada area crearase un Centro Coordinador. Resultados : Conquerir unha maior vertebración territorial, establecer estructuras permanentes de cooperación, implicar ás empresas para promocionar conxuntamente os seus productos, creando canles de comercialización adecuados e incrementando a súa competitividade.

Nestes intres, estánse dando os últimos pasos na elaboración dunha Guía de produtos tradicionais da Eurorregión, Galicia-Norte de Portugal, a cal será editada e publicada para promoción de ditos produtos. Tamén, dende o Centro de Promoción de Produtos Tradicionais,  estánse sentando as bases para a promoción destes produtos coa creación da marca/selo de excelencia que recollerá a todos aqueles produtos tradicionais singulares do territorio.

ACTUALIDADES

CALENDARIO

Xullo 2019
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

guia 230x200

Logotipo del POCTEP Logotipo de los fondos FEDER de la Unión Europea  Logotipo del Concello O Barco de Valdeorras Logotipo del Concello de Sarriá  barcelosx800  Logotipo Eixo Atlántico  Logotipo de la Diputación de Ourense