Taller de dulcesUnha docena de valdeorreses aprende a elaborar doces tradicionais no terceiro taller formativo organizado polo CPT

27/04/2012, O Barco.-


O pasado lúns iniciouse o taller de elaboración de doces tradicionais de excelencia, organizado polo Eixo Interior dentro do Programa de Cooperación Transfronteriza España-Portugal (POCTEP). 

O curso tivo como obxectivo a profesionalización no sector da produción de doces tradicionais e presentar unha vía alternativa de desenvolvemento socioeconómico do territorio baseado no devandito recurso endóxeno, así como desenvolver a posibilidade de promover emprendedores dentro deste sector. Participan neste taller 12 persoas, e está prevista unha nova edición nos próximos meses en resposta a importante demanda existente.

O contido do Taller, totalmente práctico, segmentouse en dúas parte. A apertura correu a cargo dunha representante dunha das empresas máis destacadas e de longa tradición do sector na zona, a cal mantivo unha charla-coloquio cos participantes durante a primeira xornada do curso.

Na segunda parte, cunha duración de tres días, producironse de maneira artesanal doces tradicionais; en concreto, buscouse a excelencia na elaboración de varios produtos típicos da zona: a torta de roxóns, a torta de noces, o brazo de xitano e os roscóns. Para dita elaboración, seguíronse modos de facer e receitas tradicionais da zona da mán dunha reputada profesional do sector e da zona, e empregáronse produtos de orixe caseira. Os produtos elaborados foron repartidos entre os asistentes.

Novamente dende o CPT, ponse en evidencia a riqueza en produtos gastronómicos tradicionais que existe na zona e continúase a traballar na promoción e a potenciar a creación dun polo de desenvolvemento económico das zonas entorno a este tipo de produtos. Precisamente, nestes momentos estase a levar a cabo o proceso de adhesión dos produtores interesados na marca ‘Excelencia. Produtos tradicionais de Galicia e Norte de Portugal’, creada no marco do Proxecto Eixo Interior e que conta coa colaboración de Galicia Calidade, obtendose uns primeiros resultados moi positivos.


Comienzo de la jornadaTortas de ChicharroAsistentes


ACTUALIDADES

CALENDARIO

Maio 2019
L M X J V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2

guia 230x200

Logotipo del POCTEP Logotipo de los fondos FEDER de la Unión Europea  Logotipo del Concello O Barco de Valdeorras Logotipo del Concello de Sarriá  barcelosx800  Logotipo Eixo Atlántico  Logotipo de la Diputación de Ourense