Cuarto taller del CPTA segunda edición do ‘Taller de elaboración de doces tradicionais de excelencia’ responde á lista de espera creada na primera edición.

05/07/2012, O Barco.-


A demanda de formación, recibida polo CPT, no sector da elaboración de doces tradicionais de forma artesanal sitúa a este sector como clara alternativa de desenvolvemento profesional. 

Hoxe finaliza o carto taller formativo organizado polo Centro de Promoción de Produtos Tradicionais, ‘Taller de elaboración de doces tradicionais de excelencia, 2ª edición’.

Ante a alta demanda de inscricións rexistrada na primeira convocatoria,  decidiuse organizar esta segunda edición, co fin de dar a oportunidade de formación a todos aqueles que no seu momento solicitaron participar no taller e tiveron que quedar fora por falta de prazas suficientes. Nesta ocasión, participaron no curso un total de 14 persoas.

Con este taller, de corte eminentemente práctico, formouse ós inscritos na elaboración de doces tradicionais, especialmente en cinco moi típicos: torta de roxóns, torta de noces, brazo de xitano, bica e roscóns. Todos eles elaborados cos métodos tradicionais, e con ingredientes caseiros.

O programa e a metodoloxía do curso son os mesmos que os seguidos na primeira edición, inaugurándose o pasado luns coa impartición dunha charla coloquio na que participou un prestixioso produtor de doces artesanais da zona, quen deu a coñecer a súa experiencia empresarial ós 14 inscritos nesta edición do taller. As clases prácticas tiveron lugar durante as xornadas do martes, mércores e xoves, nun taller propiedade da experta que impartiu o curso. A diferenza da primeira edición, as clases impartíronse pola mañá –entre ás 9,00 e as 13,00 horas- para evitar na medida do posible as altas temperaturas rexistradas na zona nesta época do ano.

En coherencia cos obxectivos que definen a formación ofertada desde o CPT, o curso é dirixido tanto a emprendedores que desexan adquirir formación para a futura creación da súa propia empresa, a empresarios do sector que desexan consolidar o seu negocio,  así como a aquelas persoas interesadas neste sector produtivo.


Teoría del Cuarto Taller del CPTPráctica del Cuarto Taller del CPTPráctica del Cuarto Taller del CPTcuartotaller005


ACTUALIDADES

CALENDARIO

Xullo 2019
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

guia 230x200

Logotipo del POCTEP Logotipo de los fondos FEDER de la Unión Europea  Logotipo del Concello O Barco de Valdeorras Logotipo del Concello de Sarriá  barcelosx800  Logotipo Eixo Atlántico  Logotipo de la Diputación de Ourense