oficina001A nova sede do Centro de Promoción de Produtos Tradicionais ofrece ós visitantes unha exposición permanente dos produtos da marca Excelencia.

08/06/2012, O Barco.-

O Eixo Interior inaugura a nova sede do Centro de Promoción de Produtos Tradicionais (CPT) de O Barco. 

Esta tarde celebrouse a inauguración da nova sede do Centro de Promoción de Produtos Tradicionais do Eixo Interior. Os locais están ubicados na Avda. Estación, 4 baixo.

O acto de inauguración, presidido polo Alcalde, Alfredo García, a concelleira de Turismo, Irene Dacal, o responsable do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, e o xerente de Galicia Calidade, Carlos Vila, contou ca presenza de representantes dos produtores que se adheriron á marca ‘Excelencia. Produtos tradicionais de Galicia e Norte de Portugal’.

Toda a actividade do Centro de Produtos Tradicionais trasladarase a este novo emprazamento, no que se contará cun espazo de exposición permanente para os produtos tradicionais adheridos á marca ‘Excelencia. Produtos tradicionais de Galicia e Norte de Portugal’. No centro encontraranse expostos in situ a maioría dos produtos, a excepción dos perecedoiros, para os que se editará material gráfico representativo.

A inauguración é a continuación das actividades de promoción desenvolvidas desde o CPT para un primeiro grupo de 22 produtores que tramitaron a adhesión dos seus produtos, entre os que se encontran unha ampla representación da comarca. Embutidos e viños, mel e doces tradicionais, pans e empanadas, son exemplo dos produtos da zona que participan. Tamén se contará coas conservas vexetais da comarca de Vigo, aceites, marmeladas e queixos do entorno de Monforte, conservas ecolóxicas de Verín, pasteis e postres de Chaves e viños, aceites, embutidos e queixos de Macedo de Cavaleiros, entre outros.

O Secretario Xeral do Eixo Atlántico, Xoán Vázquez Mao, destacou na súa intervención a calidade de moitos dos produtos que se elaboran en Galicia e Norte de Portugal, pero ós que lles falta promoción e canles de comercialización adecuados. Expresou a súa confianza de que o Centro de Produtos Tradicionais de O Barco inaugurado sexa o elemento dinamizador que se necesita para conseguir “a promoción, formación y marketing” necesarios de cara a lograr unha adecuada comercialización de produtos de calidade producidos artesanalmente e recollidos baixo a marca de “Excelencia”.

Carlos Vila, xerente de Galicia Calidade, mostrouse totalmente de acordo có expresado por Vázquez Mao, e recordou que neste proxecto están implicadas diferentes administracións – Concellos, Xunta e Unión Europea- ademais do Eixo Atlántico, todos unidos para conseguir un obxectivo común. “Este centro é unha oportunidade de facer ver fora de aquí que temos uns excelentes produtos que poden competir moi ben pola súa gran calidade alí onde vaian”.

Cerrou o acto ol alcalde de O Barco, Alfredo García, quen mostrou a súa satisfacción pola apertura do centro, “un paso máis” no proxecto europeo no que participa o Concello de O Barco. Agradeceu especialmente a gran colaboración mostrada por Galicia Calidade, “que apoiou a idea desde o principio e en todo aquilo que lle foi pedido”, e recordou que o centro non debe terminar cando finalice o proxecto europeo. “A idea é que isto dea lugar a unha sala de exposicións permanente, con todos os produtos de excelencia de Galicia e Norte de Portugal”. Na súa opinión, ademais de un referente na formación e promoción, o centro debe servir para incentivar novas empresas no sector da produción agroalimentaria, e converterse nun recurso turístico relevante que supoña a la postre unha fonte de dinamización económica en O Barco.

Para os próximos meses, o Centro de Produtos Tradicionais de O Barco ten previsto desenvolver un amplo abanico de actividades encamiñadas á promoción dos produtos. Entre elas, en breves datas presentarase a web oficial do proxecto, que será o escaparate dos produtos incorporados á marca de Excelencia, e tamén servirá para dar a coñecer aos produtores. Nestes momentos, a web está practicamente lista, á espera de incorporar pequenos detalles.

Para os próximos días 14 e 15 de xullo está prevista a celebración do I Salón Gastronómico dos produtos de Excelencia. A feira, con entre 25 y 30 stands, instalarse no Paseo do Malecón, e contará coa presenza de produtores de alimentos de excelencia das zonas galega e portuguesa adheridos á marca.


oficina002oficina002oficina004


ACTUALIDADES

CALENDARIO

Xullo 2019
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

guia 230x200

Logotipo del POCTEP Logotipo de los fondos FEDER de la Unión Europea  Logotipo del Concello O Barco de Valdeorras Logotipo del Concello de Sarriá  barcelosx800  Logotipo Eixo Atlántico  Logotipo de la Diputación de Ourense