salon001Éxito do I Salón gastronómico de produtos de Excelencia da Eurorrexión, Galicia-Norte de Portugal.

16/07/2012, O Barco.-


 A venta de produtos gastronómicos superou as expectativas previstas e garante a continuidade do evento. 

O pasado 14 e 15 de xullo tivo lugar o ‘I Salón gastronómico dos produtos de excelencia da Eurorrexión’, organizado polo CPT- Concello de O Barco, no marco do Proxecto Eixo Interior, e cuxa ubicación foi o Paseo do Malecón (zona Oficina de Correos-Casino).

No Salón participaron un total de 22 produtores de Galicia e Norte de Portugal, adheridos á marca ‘Excelencia. Produtos tradicionais de Galicia e Norte de Portugal’, na cál están representados unha ampla variedade de produtos: dende embutidos e viños, mel e doces tradicionais, páns e empanadas, son exemplo dos produtos da zona que participaron, así como as conservas vexetais da comarca de Vigo, aceites, marmeladas e queixos do entorno de Monforte, conservas ecolóxicas de Verín, pasteis e postres de Chaves, e viños, aceites, embutidos e queixos de Macedo de Cavaleiros.

No Salón foi o escenario seleccionado para a posta en marcha da marca que ampara ditos produtos, ‘Excelencia. Produtos tradicionais de Galicia e Norte de Portugal’, e supón o punto de partida da actividade promocional e de venta destes produtos, tarefa que ven levando a cabo dende a súa creación o Centro de Promoción de Produtos Tradicionais (CPT).

Os resultados obtidos foron valorados como moi positivos tanto pola organización como polos produtores, apostando por unha continuidade da actividade e a celebración dunha nova edición o próximo ano. Rexistráronse un total de 2.500 operacións de venta de produtos gastronómicos durante os dous días que durou o Salón gastronómico, ao marxe das ventas de artesanía e antigüidades realizadas. Ao evento acudiron veciños de toda a comarca de Valdeorras así como de outros puntos de Galicia como Ourense e Lugo, e da comarca do Bierzo.

Ademais de poder degustar e adquirir calquera destes produtos gastronómicos de excelencia no Salón, levouse a cabo unha actividade complementaria durante a tarde do domingo, o ‘Concurso de bocadillos de Excelencia’, cuxo único requisito de participación era que o menos un dos ingredientes do bocadillo fose un dos produtos de excelencia adquiridos no Salón gastronómico.

Como cerre da actividade, fíxose entrega dos premios entre os 12 participantes e que consistiu nunha estancia todo incluído para dúas persoas en Barcelos (primeiro premio), unha estancia todo incluído para dúas persoas en Sarria (segundo premio) e unha estancia media pensión para dúas persoas en O Barco (terceiro premio), ademais de unha cesta con produtos de excelencia. Para elo, o xurado composto polo representante dos hostaleiros do CCA O Barco e 4 hostaleiros e cociñeiros reputados da provincia degustaron os bocadillos e valoraron. Os bocadillos premiados foron: ‘ Niallo de cegoñas’ (primeiro premio), ‘Crujiente de queixo fundido, xamón e perrachicas al oporto’ (segundo premio), e ‘Chocomorcilla’ (terceiro premio).

Xunto cos produtos gastronómicos de Excelencia da Eurorrexión, houbo unha representación de antigüidades e restauración de Sarria e de artesanía de Barcelos, ambos municipios socios do proxecto Eixo Interior e xestores do Centro de referencia de Antigüidades e restauración (CRAR) e Centro de Promoción del Mercado Tradicional (CMT), respectivamente.

A satisfacción expresada pola totalidade dos produtores así como polos consumidores e representantes de distintos axentes sociais implicados, cualifica esta primeira edición como ‘exitosa’, superando as expectativas previstas. O próximo ano, a segunda edición do Salón buscará tanto a consolidación do evento na axenda socio-cultural da comarca, provincia e arredores, como no resto da Eurorrexión, Galicia-Norte de Portugal.


salon002salon003salon004salon005


ACTUALIDADES

CALENDARIO

Xuño 2019
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

guia 230x200

Logotipo del POCTEP Logotipo de los fondos FEDER de la Unión Europea  Logotipo del Concello O Barco de Valdeorras Logotipo del Concello de Sarriá  barcelosx800  Logotipo Eixo Atlántico  Logotipo de la Diputación de Ourense