Imagen del quinto taller del CPTHostaleiros e restauradores degustaron os produtos de Excelencia no ‘Show cooking’ organizado polo CPT.

01/10/2012, O Barco.-


Os participantes nesta actividade calificaron coma ‘exquisitos’, ‘de gran calidade’ ou ‘sorprendentes’ os produtos degustados.

O quinto obradoiro de formación, organizado polo CPT, baixo o título de ‘Show cooking: maridaxe e degustación de produtos de excelencia’ reuniu onte a profesionais da hostalaría e da restauración da comarca de Valdeorras para degustar os produtos de Excelencia.

O obradoiro tivo lugar ás 17.00 horas no CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira, e contou coa participación dos 33 inscritos para o mesmo, maioritariamente profesionais do sector da hostalería e da restauración, así como consumidores particulares.

O obxectivo principal que se perseguiu con esta actividade foi a de dar a coñecer os produtos tradicionais adheridos a marca ‘Excelencia. Produtos tradicionais de Galicia e Norte de Portugal’ e promover o seu emprego por parte dos hostaleiros e restauradores, principalmente, pero tamén consumidores particulares, para deste xeito continuar coa promoción e difusión da marca.

O contido do Taller, totalmente práctico, desenvolveuse en dúas partes diferenciadas, o show cooking e a maridaxe dos pratos elaborados cos viños de excelencia. A cargo do chef Taky Rodríguez, membro do Grupo Nove, elaboráronse en vivo 8 pratos empregando para elo os produtos de ‘Excelencia’. Os pratos foron degustados polos participantes acompañado do viño de ‘Excelencia’ seleccionada para a maridaxe perfecta. Paralelamente, recibiron explicacións técnicas realizados polo profesional Iago López García, técnico en Aceites e viños.


Imagen 2Imagen 3Imagen 4Imagen 5


ACTUALIDADES

CALENDARIO

Xullo 2019
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

guia 230x200

Logotipo del POCTEP Logotipo de los fondos FEDER de la Unión Europea  Logotipo del Concello O Barco de Valdeorras Logotipo del Concello de Sarriá  barcelosx800  Logotipo Eixo Atlántico  Logotipo de la Diputación de Ourense