img 4332Excelente balance do I Encontro entre produtores de Excelencia e profesionais da hostalería e restauración e prensa especializada

30/11/2012, O Barco.-

 

A venta de produtos gastronómicos superou as expectativas previstas e garante a continuidade do evento

O primeiro encontro empresarial entre os produtores de Excelencia e 22 profesionais da hostalería e restauración de Galicia e Norte de Portugal e prensa especializada, celebrado os días 27 e 28 en O Barco baixo a organización do Centro de Produtos Tradicionais e o Concello, foi altamente satisfactorio para os participantes e tamén para o Concello, que valora moi positivamente o resultado do encontro.

Nesta ocasión, tratábase de reunir, nun mesmo espazo, aos produtores acollidos á marca Excelencia e aos profesionais de diferentes ámbitos, hostalería/restauración e prensa especializada de Galicia e Norte de Portugal, que poden exercer unha gran labor como intermediarios para a recomendación dos produtos ante o cliente final.

O contido da visita incluíu varias degustacións dos produtos de Excelencia, o encontro directo entre os produtores gastronómicos e os profesionais participantes, así como visitas guiadas aos paraxes da Comarca e aos principais motores económicos da zona, a pizarra e o viño.

A satisfacción expresada pola totalidade dos produtores así como por consumidores e representantes de distintos axentes sociais implicados, califica este primeiro Encontro como ‘exitoso’, superando as expectativas previstas. Neste sentido, a presenza de operadores turísticos foi especialmente relevante, por cuanto durante o encontro xurdiu unha serie de ideas, que se espera que poidan frutificar en proxectos reais nun breve prazo de tempo. Máis en concreto, os contactos mantidos nestes días, durante os que os profesionais coñeceron unha zona con grandes potencialidades pero pouco aproveitada, provocado xa a presentación de dúas propostas serias de dinamización turística, ambas relacionadas co aproveitamento das ribeiras do Sil a efectos turísticos, sempre coa localidade de O Barco como centro de actuación.


img 4368img 4413dsc 0112dsc 0100


ACTUALIDADES

CALENDARIO

Xuño 2019
L M X J V S D
27 28 29 30 31 1 2
3 4 5 6 7 8 9
10 11 12 13 14 15 16
17 18 19 20 21 22 23
24 25 26 27 28 29 30

guia 230x200

Logotipo del POCTEP Logotipo de los fondos FEDER de la Unión Europea  Logotipo del Concello O Barco de Valdeorras Logotipo del Concello de Sarriá  barcelosx800  Logotipo Eixo Atlántico  Logotipo de la Diputación de Ourense