dscn3680O Centro de Promoción de Produtos Tradicionais (CPT), presente na Feira de Aromas e Sabores de Cuenca

19/11/2012, O Barco.-


A I Feira de Aromas e Sabores que se celebrou os días 16, 17 e 18 de novembro en Cuenca, organizada pola Unión de profesionais e Traballadores Autónomos de Castilla-La Mancha (UPTA), foi punto de encontro entra a gastronomía española e o consumidor.

O Centro de Promoción de Produtos Tradicionais deu un paso máis na difusión dos produtos ‘Excelencia. Produtos tradicionais de Galicia e Norte de Portugal’ e da súa actividade, participando nesta primeira edición da Feira de Aromas e Sabores, a través da colaboración con Gallaecia Selección, distribuidora de recente creación de O Barco.

A feira desenvolveuse no recinto feiral La Hípica de Cuenca, e participaron un amplo número de sectores gastronómicos: viño, queixo, aceite, froitas e hortalizas, pan, repostería, produtos cárnicos, produtos ecolóxicos, conservas, marmeladas, meles, etc. A distribuidora barquense Gallaecia Selección, dirixida por Luminita Vatafú, acudiu a dita cita con unha ampla representación de produtos de O Barco así como do resto de Galicia.

Nesta ocasión, o CPT estivo presente na Feira como organismo creado polo Concello de O Barco, no marco do proxecto Eixo Interior, e cuxo obxectivo é a promoción e posta en valor dos produtos gastronómicos de Galicia e Norte de Portugal adheridos á marca ‘Excelencia’.

dscn3601dscn3625dscn3670


ACTUALIDADES

CALENDARIO

Maio 2019
L M X J V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2

guia 230x200

Logotipo del POCTEP Logotipo de los fondos FEDER de la Unión Europea  Logotipo del Concello O Barco de Valdeorras Logotipo del Concello de Sarriá  barcelosx800  Logotipo Eixo Atlántico  Logotipo de la Diputación de Ourense