02O CPT aposta pola produción gastronómica como fonte de riqueza de Galicia e Norte de Portugal

19/12/2011, O Barco.-


O pasado venres tivo lugar na Aula Cemit do Concello de O Barco, a impartición do primeiro taller organizado polo CPT, baixo o título ‘Produción e venta de produtos gastronómicos, unha oportunidade de negocio’. Dirixido fundamentalmente a emprendedores e persoas con certa inquietude sobre este sector, foi impartido por Javier de Miguel, director técnico de Galicia Calidade, organismo galego certificador de calidade e que colabora co Proxecto Eixo Interior.

Cartel del Primer Taller de Elaboración de Productos de ExcelenciaA actividade agrupou a unha véntena de persoas interesadas na produción de produtos gastronómicos tradicionais como unha opción de ingreso para a economía familiar e de desenvolvemento socioeconómico para a zona. Dentro do programa incluíronse aspectos concretos como a creación de  empresa ou as normas básicas de produción, hixiene e etiquetado deste tipo de produtos, así os procesos de certificación de calidade e as vantaxes de adhesión a  unha marca promocional.

Unha extensa lista de produtos gastronómicos tradicionais como os embutidos e produtos cárnicos, os licores e augardentes, as setas, a castaña e os seus derivados, os doces e repostería típica, as conservas ecolóxicas, o mel e licores de mel, son os que espertaron a curiosidade dos participantes no taller e que serven como exemplo da riqueza gastronómica que existe en Galicia e Norte de Portugal.

A idea agora é que eses produtos que en moitas ocasións se quedan nun mercado local ocupen un espazo nas estanterías de gourmet e sirvan de reclamo turístico, creando ao mesmo tempo riqueza e empresa arredor da súa elaboración e comercialización.

Javier de Miguel resaltou a importancia dos selos de identificación de negocios e produtos que non están consolidados. “Si no se va con una marca es casi imposible salir adelante”.  A creación da marca promocional que amparará a produtos tradicionais de excelencia, na que traballa o CPT en directamente colaboración con Galicia Calidade, nace con vocación de axuda na promoción e difusión destes produtos.

A próxima actividade formativa terá lugar a finais do mes de xaneiro e enfocarase ao produto estrela da zona, a elaboración do ‘botelo’. 

ACTUALIDADES

CALENDARIO

Xullo 2019
L M X J V S D
1 2 3 4 5 6 7
8 9 10 11 12 13 14
15 16 17 18 19 20 21
22 23 24 25 26 27 28
29 30 31 1 2 3 4

guia 230x200

Logotipo del POCTEP Logotipo de los fondos FEDER de la Unión Europea  Logotipo del Concello O Barco de Valdeorras Logotipo del Concello de Sarriá  barcelosx800  Logotipo Eixo Atlántico  Logotipo de la Diputación de Ourense