encuentro 3Éxito do I Encontro de produtores tradicionais de excelencia de Galicia e Norte de Portugal

27/02/2012, O Barco.-


O Centro de  Promoción de Produtos Tradicionais de O Barco cerrou as actividades do I Encontro de produtores tradicionais de excelencia de Galicia e Portugal coa entrega de diplomas aos participantes no Taller de Elaboración de Embutidos organizado polo centro e que se celebrou fai un mes na localidade. Foi o último dos actos dunha serie de actividades que se desenvolveron o xoves e o venres en O Barco, 23 e 24 de febreiro, contando coa participación de representantes de 24 empresas de Galicia e Portugal que fabrican e comercializan produtos de calidade realizados ao modo tradicional.

Cartel del Primer Encuentro de Productores TradicionalesConservas vexetais da comarca de Vigo, aceites, marmeladas e queixo de cabra do entorno de Monforte, paté de pato, conservas e viño de Verín, pasteis e postres de Chaves, viños e mel de Cavaleiros, doces de Bragança, embutidos de varios puntos e os viños, embutidos, castañas e postres de O Barco  reuníronse para presentar os seus produtos e relatar a súa experiencia ao resto de participantes. Son exemplos claros de que a elaboración de produtos de excelencia pode converterse nunha actividade moi atractiva en O Barco, xa que partindo de materias primas de calidade xa existentes, poden crearse empresas de elaboración que permitirían que o seu valor engadido beneficiara á zona. A organización do Taller de Embutidos tiña como obxectivo a formación de persoas que, nun futuro, poden utilizar o seu aprendizaxe para a posta en marcha de pequenas empresas de elaboración.

Entre as actividades que se desenvolverán nos próximos meses dentro do proxecto europeo do Centro encontrase a celebración do I Salón Gastronómico de produtos tradicionais de excelencia da Euroregión Terá lugar a finais de xuño, con unha duración de tres días. Tamén organizarase un novo fam trip, nesta ocasión con críticos gastronómicos e prensa especializada, e un novo taller, nesta ocasión de maridaxe e degustación de produtos de excelencia.

Por outro lado, estase traballando na xeración de espazos promocionais e venda dos produtos que se acollan á etiqueta de excelencia (xa elaborada e aprobada, ao igual que a páxina web). O primeiro punto de exposición ubicarase en O Barco, e a súa apertura está prevista para o próximo mes de abril. Con posterioridade abordarase a creación dunha rede de distribución e venta dos produtos en Galicia e Norte de Portugal. Ademais, a páxina web do Centro non será só informativa e promocional, senón que será un canal que todos os produtores poderán utilizar para a venda on line dos seus produtos.

Productos diversos presentados en el Primer Encuentro de Productores Tradicionales

Presentación de un asistente al Primer Encuentro de Productores Tradicionales







ACTUALIDADES

CALENDARIO

Maio 2019
L M X J V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2

guia 230x200

Logotipo del POCTEP Logotipo de los fondos FEDER de la Unión Europea  Logotipo del Concello O Barco de Valdeorras Logotipo del Concello de Sarriá  barcelosx800  Logotipo Eixo Atlántico  Logotipo de la Diputación de Ourense