CPT en XANTAR 2012O Centro de Promoción de Produtos Tradicionais (CPT), presente en Xantar 2012

03/02/2012, Ourense.-


A 13 edición do Salón Galego de Gastronomía e Turismo, Xantar 2012, que se celebra por estes días, persigue novamente poñer en valor á gastronomía como un reclamo turístico de primeiro nivel, e sobre todo en España e Portugal, dos países onde estes temas mostran unha vinculación moi estreita.

Cartel Xantar 2012O Centro de Promoción de Produtos Tradicionais deu un paso máis na actividade de difusión dos produtos tradicionais de Galicia e Norte de Portugal, presentando estes produtos no menú degustado no restaurante do Concello de O Barco no que no podía faltar o ‘botelo’ como produto típico da zona, así como queixos, meles e viños, carne de caza, entre outros.

Eixo Interior O proxecto Europeo Eixo Interior que lidera o Eixo Atlántico e do que forman parte o Concello de O Barco de Valdeorras, Concello de Sarria, Câmara Municipal de Barcelos e  a Deputación de Ourense, está presente na feira xa que entre os obxectivos a desenvolver figura o alcanzar unha maior cohesión territorial na Eurorregión Galicia – N. de Portugal, facilitando e impulsando o desenvolvemento do sistema urbano do interior a través da creación de polos de competitividade baseados nos recursos endóxenos desta área (produtos tradicionais, mercados e artesanía, e antigüidades e restauración).

No caso concreto de O Barco, púxose en marcha o Centro de Promoción de Produtos Tradicionais da Eurorregión, Galicia-Norte de Portugal,  que ten como misión fundamental a promoción e difusión dos produtos tradicionais, con unha importante labor de márketing dos produtos de excelencia.

Nestes momentos, desde o Centro de Promoción de Produtos Tradicionais,  estanse sentando as bases para a promoción dos produtos de excelencia coa creación da marca/selo que recollerá a todos aqueles produtos tradicionais singulares do territorio, a través de solicitude expresa do produtor. Tamén estanse dando os últimos pasos na elaboración dunha Guía de produtos tradicionais da Eurorregión, Galicia-Norte de Portugal, a cal será editada e publicada para promoción de ditos produtos.

ACTUALIDADES

CALENDARIO

Maio 2019
L M X J V S D
29 30 1 2 3 4 5
6 7 8 9 10 11 12
13 14 15 16 17 18 19
20 21 22 23 24 25 26
27 28 29 30 31 1 2

guia 230x200

Logotipo del POCTEP Logotipo de los fondos FEDER de la Unión Europea  Logotipo del Concello O Barco de Valdeorras Logotipo del Concello de Sarriá  barcelosx800  Logotipo Eixo Atlántico  Logotipo de la Diputación de Ourense